
VI Torneo Gallaecia - XXIII Semana Cultural de Conxo
Centro Sociocultural de Conxo. Campo de Conxo s/n
Sábado 13 de setembro de 2008
Informa: Clube Xadrez Conxo
Bases:
Os Clubes Gallaecia e Xadrez Conxo desexan coa organización deste evento deportivo afianzar un torneo de xadrez participativo e de calidade na capital galega.
É o noso obxectivo acadar unha gran participación de xogadores e para iso poñeremos especial atención en que poida participar o maior número de xadrecistas, para unha xornada festiva de xadrez en Compostela
Data: Sábado 13 de setembro de 2008. Ás 16.00 h.
Lugar: Centro Sociocultural de Conxo. Santiago de Compostela
Sistema: Suizo a 7 roldas
Ritmo de xogo: 15 minutos
Categorías: Infantil (Sub-16), Xuvenil e Absoluta
Desempates: 1º Bulcholz 2º Bulcholz medio 3º Progresivo
Inscricións:
Infantil (Sub 16): De balde (gratuita)
Xuvenil (Sub 18): 5 €
Absoluto: 5 €
Inscribirse por telf./fax ou correo electrónico indicando o nome e apelidos, ELO FIDE/ FEDA, categoría e clube
Teléfonos de contacto:
Manuel Lamas: 655 040 567
Centro Sociocultural de Conxo: 981 528 740Correo electrónico: csconxo@santiagodecompostela.org
Inscricións ata o 12 de setembro
Premios:
Absoluto:
1º 100 €
2º 60 €
3º 50 €
4º 40 €
5º 30 €
1º Sub 2000 FIDE: 20 €
Infantil: 3 Trofeos
Xuvenil : 3 Trofeos
Absoluto: 1 Trofeo
Organizan:

Clube xadrez Gallaecia e Xadrez Conxo
Colaboran:

Concello de Santiago
Rede Municipal de Centros Socioculturais