Galicia/Galiza

XXI Circuito Galego de Xadrez Internacional

Galicia

Xuño- Xullo- Agosto

En españolEn galego

Normativa FEGAXA

Descargar/Ver Normativa en Formato PDF | Formato DOC

Descargar/ Ver Formulario de Coordinación en Formato PDF | Formato DOC

NORMATIVA  FEGAXA :

 PREMIOS :

CLASIFICACIÓN  XERAL :
1º-  600 €                      6º-   200 € 
2º-  400 €                      7º-   200 €  
3º-  300 €                      8º-   200 €
4º-  300 €                      9º-   150 €
5º-  300 €                    10º-   150 € 

XOGADORES NACIONAIS :
1º-  300 €                      4º-   100 € 
2º-  200 €                      5º-   100 €
3º-  100 €      

BASES :

Optarán a estas cantidades os xogadores que participen en, polo menos, tres dos torneos do XX Circuito Galego de Xadrez.
Contabilizaránse ás súas tres mellores puntuacións.

Ó finalizar o derradeiro torneo, establecerase unha clasificación final xeral e outra de xogadores nacionais. No caso de empate a puntos, será primeiro a efectos de clasificación o xogador que teña xogado maior número de torneos, e se persiste o empate a súa clasificación media dos tres torneos con mellores puntuacións.

Todolos torneos disputaránse polo sistema suizo a 9 roldas.

Ritmo de xogo: 1h. 30 min. Con incremento de 30 seg./mov

Os torneos en xeral, serán valedeiros para a obtención de normas, ELO FIDE e FEDA.

Os desempates na clasificación de cada torneo varían segundo as bases propias de cada un deles.

Os torneos poderán ter un máximo de 3 byes (días libres), sempre con anterioridade da rolda 7ª (incl.) e según as bases de cada torneo.

A hora de inicio da derradeira rolda poderá variarse.

REGULACIÓNS :

A Federación Galega de Xadrez (Fegaxa), designará o árbitro principal, que poderá ser proposto pola organización, pero sempre coa designación expresa da Fegaxa.

A Federación Galega de Xadrez abonará a organización a factura dos gastos de aloxamento e manutención do árbitro principal áta un máximo de 30 euros por día de aloxamento (máximo 9 roldas), previa factura reglada a nome da Federación Galega de Xadrez (CIF: G-3644789, rúa Luis Ksado-17, 36209 Vigo).

A Federación Galega de Xadrez abonará os honorarios do árbitro principal (previa factura  reglada do mesmo) áta un máximo bruto total de 70 euros diarios (máximo 9 roldas).

Os árbitros auxiliares dos torneos poderán ser designados pola organización, previo conocemento e autorización da Fegaxa.


A Federación Galega de Xadrez poderá designar árbitros auxiliares para que poidan cumplir normas, sin representar cargo a organización.
O informe do torneo enviarase a FEDA a través da FEGAXA dentro dos plazos estipulados, correndo a Fegaxa cos gastos da evaluación para elo. Si existen recargos ou sancións, polo incumplimento das obligacións de entregas e xustificacións, correrán a cargo da organización ou árbitro principal, deducindose os importes correspondentes do que lle corresponda aboar a Fegaxa a organización ou honorarios do árbitro.

Prazos de entregas:

As facturas sobre arbitraxe: entrarán na Fegaxa antes dos 15 días da finalización do torneo.

O informe arbitral para elo entrará na Fegaxa antes dos 8 días da finalización do torneo.

De non cumplirse estos prazos a organización renuncia as axudas e ingresos correspondentes da Fegaxa.

Os xogadores designados como becados pola escola galega de xadrez para torneos pola Fegaxa estarán exentos dos gastos de inscrición dos torneos.

A Fegaxa poderá chegar a acordos cos organizadores para enviar grupos de xogadores/as con adestrador/a os torneos.

O formulario de coordinación do torneo deberá entrar en tempo e forma na Fegaxa, para que o torneo poida formar parte do circuito galego.

O nome do director do torneo comunicarase previamente a Fegaxa para que está proceda a dar a súa conformidade.

A información, bases e normativa xeral comunicadas e publicadas, dos torneos non poderán variarse nin cambiarse con posterioridade. Axustaranse a presente normativa da Fegaxa.

Tanto o director do torneo como os árbitros principal e auxiliares, realizarán únicamente estos cometidos, non podendo en ningun caso participar como xogador/a.

En toda a publicidade e comunicados do torneo figurarán os logotipos do deporte galego e da Federación Galega de Xadrez.

Os torneos respetarán e cumplirán a normativa legal e regulamentaria da Fegaxa, Feda e Fide.

A clausura do circuito celebrarase no lugar do último torneo a hora marcada pola Fegaxa.

É necesaria a aceptación e cumprimento de toda esta normativa mais para poder figurar como torneo do circuito galego.

En Vigo, a 6 de marzo de 2008


 

Federación Galega de Xadrez